Blog

Os Mares da Baixura estrea nova web e plataforma de formación

Nos Mares da Baixura xa temos nova web cun deseño máis visual, intuitivo e organizado co fin de facilitar e mellorar a experiencia das persoas usuarias. O obxectivo é dar a coñecer entre o público o traballo do sector pesqueiro en xeral e as artes de pesca en particular, así como seguir divulgando entre os profesionais da pesca as boas prácticas en saúde laboral, prevención de riscos e xestión ambiental.

O menú web divídese en sete seccións: sobre o proxecto e contacto, artes de pesca, sector pesqueiro, saúde laboral, medio ambiente e actualidade, apartado a través do que se accede ao blog, vídeos e galería fotográfica.

A páxina web non só foi actualizada a nivel estético senón que se fixo unha revisión da información e se incorporou outra inédita. Cabe destacar a posta en marcha do blog, un apartado no que se irán desenvolvendo outros contidos de interese ao longo do ano, así como da maior visibilidade da sección de vídeos, tendo en conta que se prevé a realización e publicación de tres pezas audiovisuais máis neste 2024.

O contido da web continuará ampliándose nas próximas semanas. Así, haberá un apartado novo sobre a muller no sector pesqueiro e outro sobre economía circular, dentro da liña do proxecto de fomentar as boas prácticas neste eido.

Finalmente, a nova web permite unha mellor comunicación cos responsables do proxecto, tendo sempre presente durante a navegación da páxina o símbolo de Whatsapp para poder enviar unha mensaxe directa con consultas ou dúbidas a través desta aplicación móbil.

Formación para o sector pesqueiro

Xunto coa posta en marcha da nova web, tamén se pode visitar a nova plataforma de formación, que ofrece un programa de cursos orientados ao sector e tamén a aquelas persoas que estean buscando unha nova saída laboral na pesca e no marisqueo.

Actualmente, xa podes acceder ao curso de prevención específica no sector pesqueiro, ofertado xa con anterioridade e os módulos por artes de pesca: enmalle, nasas, bou de vara, bateeiros, cerco, marisqueo a flote, buceo, palangrillo, cacea e percebe. Nunhas semanas engadiremos tamén o de líña vertical.

Como novidade, presentamos o curso de primeiros auxilios. Polo momento lanzouse un programa básico e, en breve, será completado con máis información e contidos para ofrecer unha ampla panorámica sobre esta temática. No futuro tamén se ofertará formación sobre trastornos músculo-esqueléticos. Todos os cursos son gratuítos.

De cara ao público, as melloras inclúen a posibilidade de ter unha visión completa da formación realizada. Así, entrando no apartado “A miña conta” poderanse consultar os cursos completados e a porcentaxe de progreso naqueles que se están realizando. Ademais, os contidos serán máis amenos xa que os temas difundiranse a través de vídeos con gravacións de voz, de xeito que as leccións se farán máis entretidas, áxiles e doadas grazas á súa escoita. Xa a nivel interno, a plataforma engadiu moitas melloras, é o caso da posibilidade de xerar listados usando filtros como xénero, cursos, alumnado, etc., e a descarga de certificados personalizados.

Sobre o proxecto

Á Asociación Mar Seguro de Galicia foille concedida na convocatoria de 2023 unha axuda para o proxecto “OS MARES DA BAIXURA II: AMPLIANDO HORIZONTES” ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 (código de procedemento PE155A).

O proxecto OS MARES DA BAIXURA II continúa a liña do executado no 2020-22, mellorando o rendemento da páxina web, dotándoa de máis contidos e aumentando a oferta formativa, que axudará a mellorar a saúde laboral dos nosos profesionais. Este proxecto está deseñado para seguir contribuíndo ao fomento do crecemento económico das zonas costeiras, a inclusión social daqueles colectivos máis desfavorecidos e a creación de emprego nas comunidades costeiras dependentes da pesca e a acuicultura.

Compartir en...

Outras novas

Imagen de WhatsApp 2025-07-21 a las 09.57.34_a779f8ad

A segunda parte do proxecto Os Mares da Baixura conclúe con máis contidos sobre o sector pesqueiro e a formación da xente do mar.

A páxina web non só se actualizou esteticamente, senón que se revisou a súa información e se incorporaron outros contidos novos.
IMG-20250710-WA0012

“Como moitos outros oficios do sector primario, as redeiras temos un problema de relevo xeracional”

Falamos con dúas redeiras da Guarda sobre o seu oficio e a súa diversificación creando produtos de Artesanía de Galicia,
amarturmar-rut

“Podemos mostrar que é o marisqueo é unha cultura de vida, sostible e da que temos dereito a vivir”

Coñecemos máis sobre Amarturmar Turismo mariñeiro nesta entrevista con Nuria Novelle, actual presidenta da asociación, e Gloria Rivas, que asumirá o cargo nos próximos meses.
IMG_20231016_105455

Saúde no mar: enfermidades profesionais do sector pesqueiro

Características e listado das enfermidades profesionais recoñecidas no mar e como solicitar o recoñecemento.
Imagen de WhatsApp 2025-04-21 a las 16.40.44_bddb3700

“Ao non haber outro posto na empresa que eu puidera realizar, a baixa por risco no embarazo é inmediata e do 100%”

Falamos coa percebeira Laura Lanzos, embarazada de 34 semanas e desfrutando da baixa por risco no embarazo.
Imagen de WhatsApp 2025-03-25 a las 16.30.41_27155e3c

“A clave do relevo xeracional na pesca está na mocidade que vén de familias mariñeiras”

Falamos con Daniel Costas e Eloy Martínez, no porto de Aldán, sobre a situación da pesca nas Rías Baixas.

¿Cómo ha sido tu experiencia en la web OS MARES DA BAIXURA?
¿Con qué probabilidad recomendarías OS MARES DA BAIXURA a un amigo?

Valora nuestra web

El 0 Seguro que no recomendaría
El 10 Seguro que recomendaría

totales
0.00
votos
0.00