Blog

Botamos os miños: comeza a campaña da centola

Ábrese a veda! Este luns 11 de novembro comezou a campaña da centola en Galicia. Xa o domingo os barcos saíron dos portos para botar os miños, que se levantaron o propio luns, levando a terra os primeiros exemplares do crustáceo rei da tempada.

A previsión desta campaña que acaba de comezar é boa e agárdase que se poidan alcanzar os límites diarios de captura. A cota máxima de centola fíxase en 35 kg por barco e día, cantidade á que se lle engaden os mesmos quilogramos para cada un dos tripulantes inscritos e a bordo, o que supón que nunha embarcación cunha tripulación de tres persoas é uns 105 quilos como máximo.

A campaña da centola é unha das campañas máis importantes para os mariñeiros das Rías Baixas e coa que máis se factura durante todo o ano, polo que estes meses de novembro e decembro, co Nadal xa ás portas, vense coa esperanza de levantar o exercicio do sector pesqueiro, xa que moitas embarcacións que saen a capturar este crustáceo levaban máis dun mes paradas sen saír a faenar.

Arte de enmalle: miños para capturar a centola

A centola (Maia squinado) é un dos crustáceos máis apreciados de Galicia e un clásico das festas de Nadal. O período de captura comeza a mediados de novembro (este ano o día 11) e remata a finais de xuño.

Para a pesca desta especie utilízanse artes de enmalle, xeralmente miños e, nalgúns lugares, raeiras. En Galicia hai 877 naves autorizadas para o emprego de miños.

Que é o enmalle? Son aquelas artes constituídas por pezas de rede ensambladas formando aparellos rectangulares que pescan mediante trampas ou enredos das capturas ao intentar cruzalas. Colócanse en posición vertical, grazas a unha correa superior de flotadores e ao lastre que levan na súa parte inferior. Segundo a forma de pescar podemos distinguir entre redes de deriva ou redes abertas/fixas, como é o caso dos miños, compostos por tres paneis.

Contámosche máis sobre as artes de pesca con redes de enmalle e como funcionan nesta sección web .

Compartir en...

Outras novas

Imagen de WhatsApp 2025-07-21 a las 09.57.34_a779f8ad

A segunda parte do proxecto Os Mares da Baixura conclúe con máis contidos sobre o sector pesqueiro e a formación da xente do mar.

A páxina web non só se actualizou esteticamente, senón que se revisou a súa información e se incorporaron outros contidos novos.
IMG-20250710-WA0012

“Como moitos outros oficios do sector primario, as redeiras temos un problema de relevo xeracional”

Falamos con dúas redeiras da Guarda sobre o seu oficio e a súa diversificación creando produtos de Artesanía de Galicia,
amarturmar-rut

“Podemos mostrar que é o marisqueo é unha cultura de vida, sostible e da que temos dereito a vivir”

Coñecemos máis sobre Amarturmar Turismo mariñeiro nesta entrevista con Nuria Novelle, actual presidenta da asociación, e Gloria Rivas, que asumirá o cargo nos próximos meses.
IMG_20231016_105455

Saúde no mar: enfermidades profesionais do sector pesqueiro

Características e listado das enfermidades profesionais recoñecidas no mar e como solicitar o recoñecemento.
Imagen de WhatsApp 2025-04-21 a las 16.40.44_bddb3700

“Ao non haber outro posto na empresa que eu puidera realizar, a baixa por risco no embarazo é inmediata e do 100%”

Falamos coa percebeira Laura Lanzos, embarazada de 34 semanas e desfrutando da baixa por risco no embarazo.
Imagen de WhatsApp 2025-03-25 a las 16.30.41_27155e3c

“A clave do relevo xeracional na pesca está na mocidade que vén de familias mariñeiras”

Falamos con Daniel Costas e Eloy Martínez, no porto de Aldán, sobre a situación da pesca nas Rías Baixas.

¿Cómo ha sido tu experiencia en la web OS MARES DA BAIXURA?
¿Con qué probabilidad recomendarías OS MARES DA BAIXURA a un amigo?

Valora nuestra web

El 0 Seguro que no recomendaría
El 10 Seguro que recomendaría

totales
0.00
votos
0.00