Confraría
Confraría de Pescadores San Cipriano de Aldán
Ano de fundación:
Ámbito territorial
Recursos/plans de explotación específicos
Páxina web
Produtos destacados: "Abalón de mar (Haliotis tuberculata)"
O abalón é un gasterópodo mariño que recibe este nome pola semellanza da súa cuncha co oído humano. Recibe varios nomes aínda que en Galicia chámase comunmente Peneira. O seu hábitat son zonas rochosas, baixo pedras e en prados mariños, de ata 25 m de profundidade. Son animais herbívoros que se alimentan de algas.
A explotación é totalmente artesanal, realizada con técnicas de mergullo con subministración de aire. Os colectores retíranas individualmente coa axuda dunha espátula, actividade que ten un impacto ambiental practicamente nulo.
O seu tamaño comercial é de 50 mm pero na Confraría de Aldán só recollen aqueles exemplares que superen os 65 mm, buscando con esta medida garantir o futuro do recurso e realizando unha explotación tanto sostible como responsable.
A súa textura é semellante á do polbo, a súa carne require unha cocción longa e suave. O núcleo central lembra a carne dunha vieira. A súa proxección internacional é moi importante, sendo considerada un manxar tanto no sueste asiático (China, Xapón, etc.) como en lugares de Centroamérica e Norteamérica e, xa en Europa, en Francia. No noso país está a gañar un lugar destacado grazas á súa inclusión nos menús de certos cociñeiros de renome.