sector pesqueiro
ARTES DE PESCA > Recollida de recursos específicos. Marisqueo a pé
Definición
O marisqueo a pé enténdese como a extracción de moluscos en costas areosas mediante pequenas artes manuais (rastro, angazo ou anciño, sacho, ganchelo, fouza...). As artes empregadas en cada caso dependen do tipo de molusco (pola profundidade á que están soterrados), do tipo de substrato (barro ou area) e de se se traballa en seco ou en auga.
En determinadas zonas tamén se autoriza a recollida a pé de recursos específicos como percebe, ourizo, algas, etc.
Na zona de marisqueo, cada mariscador inicia a súa tarefa de extracción empregando as artes adecuadas segundo a especie e a zona de traballo. O seu horario de traballo depende da marea cun horario regulado que vai dende 2 horas antes ata 2 horas despois da baixamar diurna, cun límite máximo de 17:00 horas.
A zona de traballo é a praia, as mareas e calquera area autorizada.
Para traballar, o mariscador utiliza as distintas artes de diferentes xeitos, ben apoiándoa no ombreiro, ben de costado, agachada, axeonllada, agachada... Unha vez encheda a arte ou visto o marisco na area, é recollidas e clasificadas segundo a especie e o tamaño.
As áreas onde se traballa determinan en gran medida a forma de manexar as artes e os esforzos realizados. Normalmente, as propias mariscadoras adaptan o seu traballo ás características das zonas de traballo e adaptan as artes a elas, como, por exemplo, colocando mangos máis ou menos longos.
Unha vez que o mariscador/a colle a cota acode á zona de pesado para comprobar tamaños e topes.
A recolección de marisco tamén consiste na extracción de marisco, a plantación para garantir a permanencia do recurso e a limpeza das zonas de traballo de algas, depredadores...
Este tipo de marisqueo non precisa do uso de embarcación, salvo como medio de apoio para acceder ás zonas de explotación.