sector pesqueiro
ARTES DE PESCA > Buceo
Definición
Os recursos específicos son un termo que engloba un conxunto de especies que presentan unha serie de características en común, nalgúns casos de nova explotación (poliquetos, abalóns) e cuxa forma de captura é moi diferente á do resto dos recursos mariños. En Galicia existen plans de xestión para a recollida por mergullo das seguintes especies: equinodermos (ourizo de mar), solénidos (navaja e longueirón), penaeira ou abalón, algas, anémonas e poliquetos.
Existen dous tipos de buceo autorizado segundo o recurso a explotar:
- EN APNEA: mergullo libre
- AIRE SUMINISTRO DESDE A SUPERFICIE: o osíxeno é bombeado por un compresor ou a través dunha botella de aire comprimido. En ambos os casos a fonte de osíxeno sitúase no barco.
Para practicar o buceo son necesarios unha serie de equipos de protección individual: traxe de neopreno, lentes, regulador, tubos que subministran osíxeno, aletas, botines e luvas. Ademais, adoitan levar un coitelo de seguridade e un cinto con plomada.
- Preparación: antes de subirse á embarcación, os mergulladores/mergulladoras colócanse o traxe de neopreno e verifican que o resto do equipo estea correcto. É moi importante comprobar o correcto funcionamento do compresor ou a carga das botellas.
- Navegación: a embarcación diríxese á zona de traballo. Unha vez alí, fondéase, o mergullador/mergulladora colócase o resto do equipo e comeza a subministración de aire. Para facelo posible, ao compresor ou ás botellas engánchanselles uns tubos ocos de plástico, que finalizan no regulador do mergullador/mergulladora. Unha vez verificado que todo está a funcionar ben, o mergullador/mergulladora mergúllase, sinalizando a súa presenza cunha aboia. Por seguridade, trabállase en grupos cun mínimo de 3 persoas: 1 en superficie e 2 mergullando. A persoa que queda a bordo vixiará que a subministración de aire é correcto e que o resto das embarcacións respectan a distancia de seguridade aos mergulladores. Para sinalizar a súa actividade, os barcos levan izada a bandeira alfa e en ocasións perimetran a zona con aboias.
- Recolección: o mergullador/mergulladora comeza a recoller o recurso, a man no caso de navalla ou longueirón, ou axudado dun anciño para os ourizos de mar. A medida que vai recollendo, vai enchendo unha saqueta que leva amarrada á cintura ou ben un salabardo.
- Descarga do recurso no barco: unha vez chea a bolsa ou a rede, o mergullador avisa á persoa que está no barco. Este, por medio dunha corda, baixa unha rede baleira e fai subir a chea. Para recursos moi pesados, como as algas, o levantamento realízase coa axuda dunha pluma.
- Manipulación das capturas: a persoa que está no barco coloca os recursos en caixas e colócaos correctamente na cuberta.